top of page

Fóra luces: por unhas festas responsables

  • 16 dic 2017
  • 1 min de lectura

Fóra Luces é un proxecto nado co fin de concienciar á sociedade sobre os prexuízos que causa a contaminación lumínica, máis aínda nestas datas nas que as cidades galegas fican pragadas de luces e iluminación,

Mais, son posibles unhas festas que respeten o noso entorno natural? A resposta é sí. Unha das primeiras medidas recomendadas por esta organización de traballo ApS é o emprego por parte dos concellos de elementos de iluminación que non dispersen a luz, de forma que sexa sinxelo alumear a cidade de forma eficiente.

"A iluminación exterior supón un gasto de moitísimos millóns de euros ao ano. Acollerse á normativa vixente non só axuda a mellorar a calidade do ceo nocturno senón que tamén supón un aforro para todos", explican desde a organización.

Aínda que todos os concellos teñan leis sobre iluminación exterior, a mayoría delas non son o suficientemente eficientes. Concienciar á poboación é o primeiro paso á hora de de mellorar a calidade do ceo nocturno. As luces non só contaminan na zona na que está colocadas, senón que poden afectar tamén a zonas que se encontran a kilómetros destes puntos. Un destes casos, tal e como explica Fóra Luces na súa páxina de Facebook, é o do arquipélago das illas Cíes, "que sofren a sombra da iluminación da cidade de Vigo".

Recentemente, Fóra Luces saíu a rúa para coñecer a opinión dos coruñeses máis novos a respeito da iluminación de nadal na súa cidade. Aí van as respostas:


 
 
 

Comentarios


Recent Posts
Archive

© 2023 by Sasha Blake. Orgullosamente creado con Wix.com

bottom of page